SÉCULO XIX EN ESPAÑA

Timeline created by juanbarreiro
In History
  • TRATADO DE FONTAINEBLEAU

    TRATADO DE FONTAINEBLEAU
    Acordado por Godoy e Napoleón para invadir conxuntamente Portugal, permitindo o paso de tropas francesas por territorio español. Despois dividiríase en tres partes, sendo unha delas para o valido de Carlos IV, Manuel Godoy.
  • MOTÍN DE ARANXUEZ

    MOTÍN DE ARANXUEZ
    Levantamento levado a cabo na vila de Aranxuez (Madrid) diante do Palacio Real, dirixido polos seguidores de Fernando, fillo de Carlos IV, e en contra da política levada a cabo por Manuel Godoy. O día 19, Carlos IV abdica na figura de seu fillo, que pasa a chamarse Fernando VII.
  • LEVANTAMENTO DO 2 DE MAIO

    LEVANTAMENTO DO 2 DE MAIO
    Contrariado ante a ocupación francesa, o pobo de Madrid levantouse en armas.
  • FUSILAMENTOS DO 3 DE MAIO

    FUSILAMENTOS DO 3 DE MAIO
    represalia levada a cabo polos franceses contra os patriotas madrileños que se levantaron en armas o día anterior.
  • APROBACIÓN DA CONSTITUCIÓN DE CÁDIZ

    APROBACIÓN DA CONSTITUCIÓN DE CÁDIZ
    Constitución progresista que recoñece a soberanía nacional, a separación de poderes (executivo en mans do rei e ministros, lexislativo nas Cortes unicamerais e xudicial), o sufraxio universal (masculino e indirecto). Tamén se recoñecían unha serie de dereitos individuais. O Estado seguía sendo confesional (católico).
  • PRONUNCIAMENTO DO CORONEL RAFAEL DEL RIEGO

    PRONUNCIAMENTO DO CORONEL RAFAEL DEL RIEGO
    Golpe militar dirixido polo Coronel Rafael del Riego en Cabezas de San Juan (Cadiz) para restaurar a constitución de Cádiz de 1812, dando así paso ao Trienio Liberal
  • DESAMORTIZACIÓN DE MENDIZÁBAL

    DESAMORTIZACIÓN DE MENDIZÁBAL
    A suá expropiación afectou ás terras do clero regular (as ordes relixiosas).
  • CONSTITUCIÓN DE 1837

    Constitución progresista que recoñecía a soberanía nacional, aínda que con sufraxio censatario, separación de poderes onde o executivo estaba en mans da coroa, e o lexislativo nunhas Cortes bicamerais. Establecíase amplos dereitos e liberdades individuais.
  • CREACIÓN DA GARDA CIVIL

    CREACIÓN DA GARDA CIVIL
    Foi creado polo duque de Ahumada, para manter a orde no medio rural.
  • CONSTITUCIÓN DE 1845

    Constitución moderada que recoñecía a soberanía compartida entre as Cortes e a Coroa, un sufraxio censatario moi restrinxido, e acotaba claramente as liberdades individuais. Constitución claramente confesional e católica.
  • PRONUNCIAMENTO DE VICÁLVARO

    PRONUNCIAMENTO DE VICÁLVARO
    Dirixido polo xeneral O´Donnell, na que participa a Milicia Nacional e se forman Xuntas revolucionarias, para botar abaixo o goberno dos moderados.
  • DESAMORTIZACIÓN XERAL DE MADOZ

    DESAMORTIZACIÓN XERAL DE MADOZ
    Afectou aos bens comunais e dos Concellos
  • REVOLUCIÓN GLORIOSA 1868

    Impulsada por progresistas e demócratas, e dirixida polos militares Topete, Prim e Serrano. As tropas isabelinas foron derrotadas na Batalla de Alcolea (28 de setembro). Isabel II e o seu fillo Afonso parten para o exilio. Creouse un goberno provisional e convocáronse Cortes constituíntes.
  • CONSTITUCIÓN DE 1869

    Constitución democrática que recoñecía a soberanía nacional, o sufraxio universal masculino, outorgando amplos dereitos e liberdades individuais e colectivas. Aínda que seguía sendo unha constitución confesional, permitíase a liberdade de cultos.
  • PRONUNCIAMENTO DE MARTÍNEZ CAMPOS

    PRONUNCIAMENTO DE MARTÍNEZ CAMPOS
    Ten lugar en Sagunto. Pon fin ao Sexenio democrático e restaura aos Borbóns no trono de España na figura de Afonso XII.
  • CONSTITUCIÓN DE 1876

    Constitución conservadora de máis longa duración en España (1976-1923). Creada por Cánovas del Castillo, deixaba o poder executivo en mans do rei que designaba aos membros do goberno. O poder lexislativo estaba nas Cortes bicamerais (Congreso e Senado). Era un texto consensuado entre conservadores e progresistas, baseado na alternancia de poder entre os dous partidos dinásticos.
  • GUERRA HISPANO-NORTEAMERICANA

    Nova insurrección en Cuba, que se inicia en 1895, co apoio dos EEUU. En 1898 afúndese na bahía da Habana o acoirazado Maine, e os norteamericanos decláranlle a guerra a España. No Tratado de París fírmase a paz, perdendo España Cuba, Porto Rico e Filipinas, xerando un estado de frustación e pesimismo na sociedade española.
  • Period: to

    CARLOS IV

  • Period: to

    GUERRA DE INDEPENDENCIA

    Conflito bélico dentro das Guerras Napoleónicas que enfrontou a España, Reino Unido e Portugal contra Francia.
  • Period: to

    XOSÉ I

  • Period: to

    FERNANDO VII

    Fillo de Carlos IV, chamado "O Desexado" nun principio, e despois o "rei felón", por romper todas as promesas que facía foi o último rei absolutista de España. Obrigou a seu pai a entregarlle o trono tras o motín de Aranxuez, recuperou o trono en 1814 cando Napoleón foi derrotado e tras a súa morte en 1833 comezaría un conflito sucesorio entre os seguidores da súa filla Isabel e seu irmán Carlos: as guerras carlistas.
  • Period: to

    TRIENIO LIBERAL

    Período liberal desde o pronunciamento militar do coronel Del Riego ata a chegada dos Cen Mil Fillos de San Lúís, baixo as ordes do duque de Angulema, que restauran o absolutismo en España.
  • Period: to

    I GUERRA CARLISTA

    Conflito dinástico entre os partidarios de Isabel (liberais) e os de seu tío Carlos María Isidro (absolutistas). Deriva nunha guerra civil entre a zona norte (País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña sobre todo) e o resto de España. As bases sociais do carlismo eran: nobreza rural, Igrexa, campesiños. O lema que defendían: "Deus, patria, rei e foros". A guerra finaliza co "abrazo de Vergara" entre o xeneral liberal Espartero e o carlista Maroto.
  • Period: to

    ISABEL II

    Período convulso da Historia de España, donde se asenta o réxime liberal, alternándose gobernos moderados e progresistas, con varias constitucións (1837, 1845), pronunciamentos militares (Vicálvaro), rexencias (María Cristina, Espartero), guerras civís (guerras carlistas).
  • Period: to

    REXENCIA DE Mª CRISTINA DE BORBÓN

    Ao iniciar a rexencia, María Cristina apoiouse nos liberais moderados. Unha serie de levantamentos militares e de revoltas populares provocaron que lles entregase o poder aos liberais progresistas, cuxa pretensión era afondar no liberalismo.
  • Period: to

    REXENCIA DE ESPARTERO

  • Period: to

    BIENIO PROGRESISTA

    Durante este período progresista redactouse unha nova Constitución que non che chegou a aprobarse, e o goberno afondou en reformas económicas: Desamortización Xeral de Madoz de 1855, a Lei de Ferrocarrís e Lei de Minas para impulsar a rede ferroviaira e a explotación mineira.
  • Period: to

    GOBERNO PROVISIONAL E REXENCIA DE SERRANO

  • Period: to

    AMADEO I

    Foi elixido polo xeneral Prim, porque era o candidato dunha monarquía liberal en Italia. Antes de chegar a España, o seu valedor, Prim, foi asasinado. Tivo a oposición dos moderados e a Igrexa, fieis aos Borbóns, dos carlistas que querían nomear rei ao seu candidato Carlos VII, e dos republicanos. Amadeo, ante esta situación, decide renunciar e abandonar o país.
  • Period: to

    I REPÚBLICA ESPAÑOLA

    Cortes monárquicas que, ante a abdicación do rei, votan a proclamación da República. Altérnanse diversos presidentes, como Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar, alternando a opción unionista coa federal. Varios problemas terminaron coa república: división entre unionistas e federais, a insurrección en Cuba, insurrección cantonal (sobre todo en Cartaxena) e a oposición dos monárquicos que conspiraron para preparar a restauración en Afonso.
  • Period: to

    AFONSO XII

    Tralo pronunciamento militar en Sagunto por parte do xeneral Martínez Campos, en decembro de 1874, é proclamado rei de España. Coñecido como "o Pacificador", pois pon fin á terceira guerra carlista, e firma a Paz de Zanjón en Cuba. Morre de tuberculose en 1885.
  • Period: to

    REXENCIA DE Mª CRISTINA DE HABSBURGO

  • Period: to

    AFONSO XIII